EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A adega valdeorresa de Rafael Palacios e Daterra Viticultores de Manzaneda, entre os nominados nos VIII Premios Magnum do Viño Galego

Os galardóns entregaranse o vindeiro 25 de novembro en Vilagarcía de Arousa

O vindeiro 25 de novembro ás 13:30 horas terá lugar a entrega dos VIII Premios Magnum do Viño Galego, que concede o Instituto Galego do Viño. O acto desenvolverase na Praza de Abastos de Vilagarcía de Arousa, dentro de Castes – Feira Independente do Viño.

Nesta edición establéceronse oito categorías diferentes, para cada unha das cales propóñense cinco nominados (a excepción do Mágnum Honorífico que se concede a un profesional destacado en recoñecento do seu traballo en favor do viño galego). Os premiados daranse a coñecer na propia gala de entrega á que asisten todos os nominados. Dentro das oito categorías figuran nominados das comarcas de Valdeorras e Trives.

Así no apartado de mellor viño figura Azos do Pobo 2016 da adega Daterra Viticultores, de Laura Lorenzo, en Manzaneda. Na categoría de mellor adega está nominada a de Rafael Palacios, da D.O. Valdeorras. Hai ademais outros viños e adegas nominadas da provincia de Ourense, así como nominados no apartado de difusión como é o caso do Museo do Viño de Monterrei como mellor labor de difusión.

Os Nominados

CATEGORÍA: MELLOR VIÑO

Fulcro 2016
Ribeiras do Armea 2014
Sílice Lobeiras 2016
Azos do Pobo2016
Prádio Brz 2014

CATEGORÍA: MELLOR VIÑO REVELACIÓN

O Tesouro 2016
Ollos de Roque 2015
Cume do Avia Dos Canotos 2017
Granuja 2015
Carralcoba Caíño Tinto 2015

CATEGORÍA: MELLOR ADEGA

Bodegas Rafael Palacios
Bodega Gerardo Méndez
Bodega Nanclares y Prieto
Bodegas Albamar
Coto de Gomariz

CATEGORÍA: MELLOR INICIATIVA DE ENOTURISMO

Concello de Cambado
Pazo de Rubianes
Bodega Algueira
Festival 17º Ribeira Sacra
Os Xoves de Códax

CATEGORÍA: MELLOR LABOR DE DIFUSIÓN

Viño Novo
Libro As Pedras que Facían Viño
Videafest
Volando Voy
Museo del vino de Monterrei

CATEGORÍA: MELLOR SUMILLER NO TRATAMENTO DO VIÑO GALEGO

Tomi (Mugaritz)
Ismael (Casa Solla)
Xurxo (O Secreto)
Miguel (Madia Leva)
Elisabeth Castro (Mesón do Campo)

CATEGORÍA: MELLOR TRATAMENTO DO VIÑO GALEGO FORA DE GALICIA

Mugaritz
Aponiente
Laredo
Alquimia
Atrio

Artigos relacionados

Back to top button