ConcellosÚltima hora

A adhesión do Concello do Barco ao convenio sobre os GES, no vindeiro pleno

Esta sesión plenaria está prevista para este xoves 10 de xaneiro ás sete da tarde

Entre os puntos que se someterán a votación na sesión plenaria que a Corporación barquense celebrará o vindeiro 10 de xaneiro figura a adhesión do Concello do Barco ao convenio de colaboración subscrito enre a Xunta de Galicia, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e as deputacións provinciais en materia de emerxencias e prevención e defensa contra incendios forestais para o desenvolvemento dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES).

O GES Valdeorras ten un total de doce prazas, pero nestes momentos só están cubertas dez, tras unha xubilación a finais do 2018 e tamén o feito de que outro dos seus integrantes non pediu a indefinición da súa praza. “Xa se lle pediu que a solicite e, en canto sexa indefinido volverá incorporarse. Calculamos que será en cuestión de dous ou tres meses”, segundo indica o alcalde do Barco, Alfredo García.

A intención do Concello é manter esas doce prazas no GES Valdeorras, de feito, “xa temos previsto sacar a concurso a praza que nos quedaba vacante por xubilación”, confirma o rexedor.

Artigos relacionados

Back to top button