SanidadeÚltima hora

A AECC contará cun local en Verín, cedido polo Concello

A nova oficina estará situada na antiga Praza de Abastos da vila

 

O alcalde de Verín, Gerardo Seoane Fidalgo, e a presidenta da Asociación Española contra o Cancro (AECC) en Ourense, María Isidora Gómez Segade, asinaban o 14 de novebrmo o acordo de colaboración que permitirá á devandita asociación ter unha sede local en Verín para cumprir de maneira máis efectiva os seus fins sociais na vila. O acto da firma tivo lugar a Sala de Xuntas do Concello de Verín. A nova oficina da AECC estará situada na Praza García Barbón, concretamente na antiga Praza de Abastos, e o seu horario de atención será de luns a venres, fóra dos martes.

Segundo declarou o alcalde de Verín “este acordo contribúe a que esta entidade sen ánimo de lucro poida ofrecer os seus servizos na vila dunha maneira moito máis próxima, prestando un apoio importantísimo ás persoas que padecen ou padeceron esta enfermidade e aos seus familiares”.

Pola súa banda, Gómez Segade, tras agradecer o apoio prestado polo Concello de Verín, destacaba “o gran logro que supón ter presenza neste concello xa que é unha das localidades da provincia máis poboadas e que contan cun Hospital Público no que se presta tratamento oncolóxico”.

Ademais, a técnico responsable da nova oficina local, Kelly Pereira, explicou que o obxectivo da apertura desta nova oficina é informar, apoiar e orientar ás ás persoas afectadas pola enfermidade, así como aos seus familiares, durante todo o proceso dunha maneira máis próxima.

No local da AECC ofreceranse os seguintes servizos, todos eles de carácter gratuíto:

– Achegar as campañas de prevención e información que levan a cabo desde a AECC.

– Realizar charlas informativas, coa intención de cubrir a necesidade de información, dúbidas e novidades que poidan xurdir sobre a enfermidade e todo o que esta implica; así como talleres, actividades recreativas e grupos de apoio a pacientes.

– Informar e orientar a través do servizo de atención social, que inclúe: axudas económicas préstamos de material ortoprotésico, orientación e información sobre prestacións económicas e sociais, información e tramitación de pisos de acollida gratuítos para pacientes e familiares desprazados dos seus domicilio habitual por recibir tratamento, etc…

– Voluntariado de acompañamento en tratamentos e xestión de citas a domicilios.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button