SanidadeÚltima hora

A AECC sae á rúa con motivo do Día Mundial contra o Cancro

Mesa informativa da AECC de Valdeorras no Barco./ Foto: A.R.

 

No marco da celebración neste 4 de febreiro do Día Mundial contra o Cancro, a a Asociación Española contra o Cancro está a desenvolver unha serie de actos na provincia, en puntos como a comarca de Valdeorras. Entre eles figura a presentación da campaña “¿Iguais?”, que fai referencia a que o “cancro é igual para todos, pero non todos somos iguais fronte ao cancro. A solución é a equidade”. Ademais de dar a coñecer o significado da campaña, estanse a divulgar os datos tanto nacionais como autonómicos desta enfermidade e as solucións propostas dende a AECC.

O evento principal ten lugar na sede provincial de Ourense, onde leva a cabo a retransmisión do evento nacional organizado desde a sede central en Madrid. O seu horario é de 10:00 a 11:30 horas, con inscrición previa.

 

Mesa informativa da AECC de Valdeorras en Petín./ Foto cedida.

 

Tamén, a Asociación realiza os eventos na rúa en diferentes puntos da provincia, onde están situadas as mesas co seu voluntariado e, así, poder informar á xente sobre esta campaña do Día Mundial contra o Cancro. En Ourense, están situados na rúa do Paseo 6 (11:30 a 14:00 h; 17:00 a 19:30 h); e na rúa Ramón Puga 54, no acceso ao hospital (12:00 a 14:00 h).

En Verín, están dentro do propio hospital e na rúa Lisa, en fronte a Modas Rossi (10:00 a 13:30 h). Tanto no Barco de Valdeorras e A Rúa teñen unhas mesas de campaña diante de cada Concello (11:00 a 13:00 h). En Petín están na Praza Doutor Quiroga (11:00 a 13:00 h). Por último, Xinzo de Limia terá o evento de rúa, pero será o día 8 de febreiro (10:00 a 13:30 h).

 

Mesa da AECC na Rúa./ Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button