Galerías de fotosSanidadeÚltima hora

A AECC Valdeorras realiza a súa cuestación anual no Barco

Neste 6 de xuño a Asociación Española contra o Cancro (AECC) de Valdeorras vén de levar a cabo a súa cuestación anual. Se ben o día propio sinalado por esta entidade a nivel estatal para este fin é o 7 de xuño, no caso de Valdeorras celebrouse o 6 de xuño na praza do Concello do Barco, coincidindo coa celebración da feira local.

Nestas imaxes pode verse ás voluntarias da AECC de Valdeorras, na mesa instalada na praza do Concello do Barco.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button