DeportesGalerías de fotosÚltima hora

A afección despide con moita forza e ilusión ao CD Barco

O equipo de fútbol valdeorrés partía arredor das dúas da tarde deste sábado rumbo ao estadio vigués de Balaídos

 

Con moita ilusión e ánimo comezan esta xornada de 18 de xullo os afeccionados do CD Barco. E non é para menos xa que este club xogará o primeiro play off de ascenso a 2º División B da súa historia e tendo un marco excepcional: Balaídos, un campo de primeira división. Sen embargo, o partido xogarase sen público por motivos sanitarios.

 

 

Para transmitirlle a súa forza ao equipo, os afeccionados concentrábase no exterior do restaurante Fernando III, onde xantaban xogadores e corpo técnico, e tamén no na terraza do Makoki, engalanada para a ocasión e para despedir entre aplausos e saúdos ao conxunto do CD Barco, mentres se subía ao autobús e partía rumbo a Vigo.

Xusto antes de emprender a viaxe representantes do CD Barco rendíanlle unha pequena homenaxe ao concelleiro barquense Jesús Jares, ingresado no Hospital Público de Valdeorras.

 

 

Nesta galería de imaxes pode verse o ambiente que rodeaba á despedida do equipo vermello antes de partir rumbo a Balaídos, en Vigo.

Foto: Carlos G. Hervella/ A.R..

 

Artigos relacionados

Back to top button