EconomíaEconomíaÚltima hora

A Agrupación Apícola de Galicia distribúe material en Valdeorras con cargo ao Plan Apícola Galego

 

Alimento líquido, cera e fondos sanitarios. Eran os principais materias que a Agrupación Apícola de Galicia, da que é parte a Asociación Valdeorresa de Apicultores, vén de distribuír aos seus asociados. Este reparto faise con cargo ao Plan Apícola Galego, que este ano aínda non saíu, polo que se descoñece a porcentaxe deste material que será subvencionada.

No caso da entidade valdeorresa, o reparto facíase en Vilamartín o pasado venres. “Estivemos das 4 ás 8 da tarde e retiraron material uns 40 socios, aos de maior pedido mándaselle a casa”, explica o presidente da Asociación Valdeorresa de Apicultores, Armando Rodríguez. Tamén matiza que “algúns asociados quedaron sen servir a causa da folga do transporte”.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button