ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A Agrupación de Protección Civil da Rúa conta con nova oficina

A inauguración oficial será o vindeiro xoves día 3 de outubro

 

Case trinta anos despois da súa fundación, a Agrupación de Protección Civil da Rúa conta cunha nova oficina situada na rúa Progreso nº 90 baixo, a carón do Centro Cultural Avenida, que será inaugurada o vindeiro xoves día 3 de outubro.

O local está decorado a modo de museo, con obxectos pertencentes á agrupación, dende os primeiros traxes, fotografías e recortes de prensa, ata carnés de voluntarios que colaboraron ao longo destes anos, así como niños secundarios de vespa velutina, entre outras moitas cousas.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button