PolíticaÚltima hora

A Agrupación Municipal Socialista de O Barco presenta á nova executiva

O alcalde, Alfredo García, repetirá como candidato de cara ás vindeiras eleccións

Continuísta. Así será o labor da nova executiva da Agrupación Municipal Socialista de O Barco, elixida trala esemblea de militantes celebrada o 31 de xaneiro.

Con Ángel Martínez Uberuaga como secretario xeral, a nova executiva está formada por: Mari Carmen Núñez Casado (Secretaría de Organización), Margarita Ojea Cabado (Secretaría de Igualdade, P. Social e Xuventude), María Irene Dacal Feijoo (Secretaría de Política Municipal), Roberto Macías García (Secretaría de Formación e Novas Tecnoloxías), Natalia Álvarez Diéguez (Secretaría de Administración) e Aurentino Alonso Araujo (Secretaría de Acción Electoral e Medio Ambiente). Tamén forma parte pero sen cargo, o alcalde do Barco Alfredo García e o coordinador das Xuventudes Socialistas Adrián Borrajo.

Na presentación da lista, o secretario xeral asegurou que herdan unha xestión “moi boa da anterior executiva que mantivo a alcaldía durante vinte anos”. A ese respecto tamén adiantou que de cara ás vindeiras eleccións municipais, Alfredo García vai repetir. “Estamos moi lonxe para falar de listas pero el será quen marque o camiño cara onde quere ir”. Martínez Uberuaga tamén dixo que “o noso será un labor administrativo e de xestión cos militantes e apoio ao grupo de goberno”, ademais de intentar “abrir o partido para intentar aumentar a militancia” porque tiveron baixas. “Temos 48-49 con algúns pendentes”, dixo a secretaria de Organización, asegurando que o labor non será doado porque “pagamos unha cuota de 72 euros ao ano, bastante alta, que bota un pouco para atrás”.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button