ConcellosÚltima horaViana do Bolo

A agrupación socialista de Viana rexeita a moción de censura apoiada polos seus exconcelleiros

 

A Agrupación Socialista de Viana rexeita e lamenta a decisión dos seus dous exconcelleiros de pasarse ao grupo de non adscritor e de presentar unha moción de censura conxuntamente co grupo municipal do PP. Así o asegura nun comunicado de prensa emitido na tarde deste 18 de agosto.

“Tamén lamentamos”, din os socialistas vianeses no seu comunicado, “que ante a emerxencia da situación nos se chegase a ningún acordo por ninguna dos tres grupos (PSdG-BNG-non adscritos), especialmente a do BNG de non querer compartir a alcaldía baixo ningún concepto, non chegando nin a debatir o periodo de duración de cada unha das partes. Na lexislatura anterior os socialista de Viana deron a alcaldía o BNG, na presente e logo de gobernar catro anos, o alcalde sufriu unha importante baixada de apoios, perdendo un concelleiro, mentres os socialistas gañamos dous, e voltamos a darlle a alcaldía”.

Os socialistas apuntan así mesmo que neste tempo de lexislatura “o noso partido vén sufrindo a deslealtade e o maltrato do alcalde, incumprlindo anteriormente un acordo verbal de formar un goberno de coalición. Tódalas mocións e iniciativas presentadas polo noso partido foron rexeitadas polo grupo de goberno, como exemplos das máis importantes, a da estrada de San Agostiño, e a declaración de festa de interese turístico nacional do noso Entroido. En tres anos o alcalde non foi quen de aprobar os orzamentos”.

A agrupación socialista vianesa indica finalmente que, “a pesar de todo isto a nosa agrupación pídelle aos seus exconcelleiros que reconsideren a sua decisión, e non apoien a moción de censura, moción que vai contra os intereses e ideoloxíaa do noso partido”.

Artigos relacionados

Back to top button