OurenseÚltima hora

A Alameda de Allariz, escenario dun mercadiño esta fin de semana

Terá lugar os vindeiros días 10 e 11 de agosto, e participarán os comercios locais

O paseo da Alameda de Allariz acolle esta fin de semana (10 e 11 de agosto) un mercadiño, onde o comercio local será o protagonista. Está organizado polos comerciantes e o Concello de Allariz.

Preto dunha vintena de comercios alaricanos ofrecen descontos en moda, complementos, libros e artesanía entre outros. Ademais este evento incorporará actividades infantís e o sorteo de tres vales, con valor de 100€ para investir no comercio local, no que poderán participar as persoas que se acheguen ao mercado que estará aberto, ininterrompidamente de 10:00h a 21:00h.

 

Cartaz da actividade.

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button