CarballedaConcellosÚltima hora

A alcaldesa de Carballeda: “Estamos xa traballando na reconstrución dos danos causados polo incendio””

Deste xeito vén de responder María Carmen González á petición dun pleno extraordinario solicitada polo edil Odilo Fernández para pedir a declaración de zona castatrófica tras o incendio

A alcaldesa de Carballeda de Valdeorras, María Carmen González./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

“Nós xa estamos traballando na reconstrución dos danos causados polo incendio e non podo permitirme o luxo perder o tempo, non podo pedir o que xa temos. De feito, xa empezamos a avaliar os primeiros danos e niso estamos centrados. A Xunta xa publicou unha liña moi importante de axudas aos afectados, xa nos chamaron da Subdelegación do Goberno para infomarnos de que en breve tamén vai sacar unha liña importante de axudas o Goberno do Estado. Polo tanto, ¿para que imos pedir o que xa nos dan?”.  Deste xeito responde a alcaldesa de Carballeda, María Carmen González, á petición do concelleiro Odilo Fernández de que convoque un pleno extraordinario urxente para solicitar a declaración de zona catastrófica para o municipio por mor do incendio forestal, aínda activo, que afectou á zona.

A rexedora di que tamén que o importante “é a eficacia, e o momento é o suficientemente  complicado como para perder o tempo en caprichos. Non podemos pedir o que xa temos, ese tempo venme moi ben para traballar na reconstrución”.

Así mesmo, María Carmen González sinalaba que nos días do incendio “para min a prioridade era atender aos meus veciños basicamente” e lembraba que no seu día fíxose unha declaración conxunta entre os tres concellos afectados polo incendio (Carballeda de Valdeorras, Rubiá e O Barco), onde se anunciaba que a solicitude de axudas ao Estado, á Xunta de Galicia e á Deputación. “Non fixo falta facer máis porque xa viñeron aquí a ofrecernos esa axuda e tan é así que xa se publicaban no DOG as primeiras e importantísimas axudas que é ao que temos agora que dedicar o tempo”.

Artigos relacionados

Back to top button