ConcellosÚltima hora

A alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega, reúnese coa delegada da Xunta

Este encontro tivo lugar nesta mañá de cinco de agosto, en Ourense

 

Durante a reunión.

 

A alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega, reuniuse esta mañá coa delegada territorial da Xunta en Ourense. Este encontro enmárcase dentro da rolda de contactos da delegada cos alcaldes da provincia.

Durante a reunión, Marisol Díaz recordou as obras e subvencións (máis de 600 000 euros) que se fixeron en Castro Caldelas, como a reforma da Casa do Concello, o acondicionamento do CPI Virxe dos Remedios, ou a rehabilitación do firme da estrada OU-903, entre outras.

Finalmente, Díaz Mouteira recalcou aa importancia de continuar nesta nova etapa a colaboración institucional e brindoulle a Sara Inés Vega todo o apoio e diálogo da Administración autonómica para poder axilizar e desenvolver con éxito os proxectos municipais que beneficien á súa veciñanza.

 

Artigos relacionados

Back to top button