ConcellosTrivesÚltima hora

A alcaldesa de Trives, Patricia Domínguez, dá a luz ao seu fillo David

David./ Foto cedida.

 

O 11 de marzo ás 00:31h. da madrugada Patricia Domínguez Barja, alcaldesa da Pobra de Trives, daba a luz ao seu primeiro fillo. “É un neno chamado David, como o seu pai. El está perfectamente e nós, encantados de que forme xa parte das nosas vidas para sempre”, tal e como conta amablemente ao Periódico O SIL a súa nai.

Ademais, Patricia Domínguez amosa o seu agradecemento a todas as persoas que  xa dende onte lle trasladaban a súa fecilitación e noraboa a través de mensaxes. “Non deixaron de chegarme mensaxes todo o día. E tamén moitas flores, entre outros, dos traballadores do Concello dos que me sinto unha máis, moi orgullosa de todo o compañerismo e cariño que sempre me amosan. Eles e os meus compañeiros son como unha segunda familia”, destaca a rexedora con emoción.

 

A alcaldesa de Trives, Patricia Domínguez, á entrada do Concello, nunha imaxe de arquivo./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Tanto Patricia Domínguez como o seu marido facían público o nacemento a través dunha fermosa mensaxe nas redes sociais. “O seu sorriso é xa o noso motor, ten o poder de conxelar o tempo dende que naceu, hai un día. Benvido David!”.

Ademais ambos amosaban tamén o seu agradecemento por “todas as mostras de cariño que nos estades facendo chegar compañeir@s de profesión, traballador@es dos xulgados, traballador@s do Concello (xa a miña segunda familia, compañeiros e enorme equipo humano), o meu grupo que son como irmáns, veciñ@s, amig@s…, estamos moi orgullosos de rodearnos de tanta xente boa e agradecidos por cada un dos xestos de tanto cariño que nos mostrades. Non puidemos contestar a tantas mensaxes e chamadas aínda, pero de corazón, moitísimas grazas por tanto afecto a tod@s”.

Artigos relacionados

Back to top button