SanidadeÚltima hora

A alcaldesa de Xinzo de Limia reúnese co xerente da EOXI

No encontro trataron temas como a mellora do Centro de Saúde

O concelleiro Rafa Penabad, a alcaldesa de Xinzo Elvira Lama e o xerente da EOXI Félix Rubial.

 

Na mañá do 16 de outubro, a alcaldesa de Xinzo Elvira Lama e o concelleiro Rafa Penabad, mantiñan unha reunión de traballo co xerente do EOXI Félix Rubial, para trasladar as demandas e as eivas feitas en días pasados polas responsables de coordinación e dirección do Centro de Saúde de Xinzo.

As demandas prantexadas, tanto en dotación de persoal, dotación material, como en melloras en infraestruturas, foron analizadas punto por punto, a falta de que se podan concretar algunhas delas en un curto espazo de tempo.

Da reunión mantida con novo xerente, tanto a alcaldesa como o concelleiro saíron satisfeitos na medida en que o “Centro de Saúde de Xinzo, parece ser que é un dos que mellor funciona da provincia, tanto polo alto grao de implicación do persoal que presta aquí os seus servizos, como da coordinación do mesmo, recoñecendo ambas partes a escaseza de persoal, e de espazos para realizar exercicios por parte da matrona”, aseguran dende o Concello.

Adenais, tanto a alcaldesa como o xerente coincidiron na necesidade de “afianzar programas e servizos que están en marcha como o servizo HADO como as campañas de información e formación que se poden levar a cabo entre a poboación, empezando polos CEIPS”.

Artigos relacionados

Back to top button