CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

“A alfombra máxica” de Babaluva encandila aos meniños barquenses

Na mañá do 5 de outubro Teatro Babaluva estendía a súa “Alfombra máxica” no interior da Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán do Barco. Nesta actividade, dirixida a bebés, os meniños barquenses deixábanse engaiolar polo tacto, sons e olores deste singular tapiz, nun divertido espazo de xogo no que podían moverse libremente e experimentar ao seu gusto.

Esta proposta de dinamización estaba incluída no programa “Ler Conta Moito”.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button