ConcellosÚltima hora

“A alfombra máxica” de Teatro Babaluva estenderase na Biblioteca do Barco

Esta actuación, dirixida a bebés, está prevista para as 11:30h. do 5 de outubro

Un dos momentos do spectáculo “A alfombra máxica”./ Imaxe: Teatro Babaluva.

 

Táctil, sonora e olfativa. Así é “A alfombra máxica” de Teatro Babaluva. E así poderá comprobarse no desenvolvemento deste espectáculo o vindeiro sábado 5 de outubro ás 11:30h. na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán do Barco.

Trátase dun espectáculo sensorial dirixido principalmente a bebés (0-3 anos) e recomendado para “o seu desenvolvemento sensorio-motriz. Un espazo creado para o xogo e o movemento libre onde os participantes entran a descubrir a contorna a través dos sentidos”, tal e como se adianta dende a biblioteca barquense.

Esta actividade de dinamización está incluída no programa “Ler Conta Moito” e terá un máximo de 15 prazas. A inscrición pdoerá realizarse na Biblioteca Pública, ata o venres 4 de outubro.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close