CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

A “Alfombra Mundial do Xacobeo” loce na praza César Conti, na Rúa

Os alfombristas da parrroquia de Santo Estevo elaboraron este manto unindo así o seu talento ao resto de alfombristas de 250 cidades, 30 países, 5 continentes

 

Cada un co seu estilo e técnica propia pero co mesmo deseño de Miguel Ángel Laguna Villalobos, hoxe loce en 250 cidades de 30 países dos 5 continentes, a “Alfombra Mundial do Xacobeo”.

Unha desas localidades que participa no proxecto impulsado pola Comisión Xestora de Entidades Alfombristas do Camiño de Santiago, con motivo do día do Apóstolo (25 de xullo) neste Ano Santo, é A Rúa cos alfombristas da parroquia de Santo Estevo como artífices.

 

Os alfombristas da parroquia de Santo Estevo, na Rúa.

 

Na fermosa alfombra que loce dende primeira hora desta mañá de domingo na praza César Conti, os veciños que traballaron arreo durante toda a noite, empregaron máis de 300 quilos de sal tinguida, ademais de legumes secas e verde natural.

Tras horas dee traballo o resultado é un espectacular manto co Botafumeiro en primeiro plano, o nome da localidade e os quilómetros que hai dende A Rúa ata Santiago de Compostela: 173.

 

Detalle do Botafumeiro en plena elaboración.

 

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button