CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

A ALMA do Mosteiro de Santa Cristina, en Parada de Sil, volve a soar

O proxecto "ALMA: Arte, Legado e Medio Ambiente", con residencias artísticas e concertos, celebrarase neste mes de setembro

 

O mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, no concello de Parada de Sil, volve vestirse de gala pola celebración do proxecto “ALMA: Arte, Legado e Medio Ambiente”. Nesta edición, a oitava, o público poderá gozar das actuacións de Elena Tarrats&Benxamín Otero (18 de Setembro) e de Zaruk&María Berasarte (25 setembro).

Un ano máis, os seus promotores, Rafael Kotcherha e Diego Soto, destacan a calidade artística e a proxección internacional das formacións. Ambas, de recoñecido prestixio, abordarán os seus actuciones cunha preparación de varios días previos dentro do marco das Residencias Artísticas ALMA: Arte, Legado e Medio Ambiente, polas que pasaron máis de 50 artistas no últimos oito anos.

Os concertos e ditas Residencias Artísticas, apoiados unha vez máis polo Concello de Parada de Sil, “xeran un impacto cultural da Marca Parada fóra das nosas fronteiras. Atraen a un público que valora o turismo sostible e o artístico e sobre todo, achegan un valor de calidade ao noso pobo e os seus negocios”, resume o alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez.

O protocolo Covid imperará tanto nos concertos como nas Residencias Artísticas e o aforo, senón hai cambio na normativa vixente, será do 75%.

Artigos relacionados

Back to top button