CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

A “Alquimia” do Mago Teto, nas Letras Galegas de Vilariño de Conso

Cunha lectura pública de poesía na praza da vila iniciábanse na tarde do 17 de maio os actos das Letras Galegas en Vilariño de Conso. A continuación, dábase paso a unha actuación do vianés Mago Teto, seguida por nenos pero tamén por maiores. Nese mesmo escenario, despregaba o seu espectáculo “Alquimia”.

Nesta peza este ilusionista embárcase nunha nova aventura co fin de chegar a descifrar a estraña simboloxía dos libros sobre alquimia, e buscar a pedra filosofal. Pero o seu obxectivo non é acadar riqueza ou a eterna xuventude, senón lograr facerse coa felicidade. Nesta representación, este mago vianés xogaba con tres elementos primarios: auga, terra e lume. E, por suposto, implicaba de principio a fin ao público.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button