Entre os temas que se abordarán no decurso das III Xornadas Galegas de Patrimonio Natural e Biodiversidade, previstas do 23 ao 24 de novembro en Pontevedra, figura a riqueza vexetal do Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra (Rubiá). Será o 23 de novembro ás 10:45h. na segunda ponencia deste foro, titulada “Tres lugares de alta diversidade vexetal en Galicia: A Lanzada, Melide e Serra da Enciña da Lastra”, da man de Francisco Javier Silva-Pando (CIF de Lourizán).
O programa deste encontro, que organiza a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), analizará tamén outras cuestións como a contaminación lumínica, o proxecto LIFE Oso Courel, a xestión do monte e da paisaxe na Galicia contemporánea, a custodia e a restauración, etc.