DeportesÚltima hora

A andaina con motivo da Romería da Festa da Bica, abriu as actividades da segunda xornada da celebración trivesa

A saída tiña lugar ás 8:30 horas dende a Praza do Concello de Trives ao alto de Cabeza Grande de Manzaneda

 

Participantes chegando a Cabeza Grande de Manzaneda. Foto: Carlos G. Hervella.

 

As actividades da segunda xornada da Festa da Bica de Trives inaugurábanse ás 8:30 horas de hoxe, día 28 de xullo, na Praza do Concello, coa saída da andaina “Romería Festa da Bica”. Esta actividade, organizada polo Concello e o Club de Montaña de Trives, estaba calificada “de dificultade alta”, e a primeira persoa en chegar, Carlos Vázquez, acadou o alto de Cabeza Grande de Manzaneda en 3 horas. Protección Civil tamén colaborou nesta actividade.

Así, os asistentes dispoñían de distintos puntos con comida e bebida para recuperar, mentres que ao acabar a proba, tiñan preparado un “xantar de romería”. Este consistiu en variedade de empanadas, lacón, etc. ademais de distintas bebidas. “Falaremos con concellos limítrofes para facer actividade en conxunto o próximo ano, do que se trata é de recuperar a romería”, afirmaba Miguel Sierra, concelleiro de Deportes de Trives.

Ademais, a outra actividade programada para a mañá de domingo 28 de xullo era a alborada. As rúas de Trives enchéronse de música da man da Banda de Gaitas Os Trintas de Trives dende as 10:00 horas.

Texto: Alba Prada.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button