DeportesGalerías de fotosÚltima hora

A Andaina de Petín segue medrando en participación

Ao redor de 150 persoas tomaban a saída na tarde do 6 de setembro na IV Andaina Popular de Petín, con saída dende a praza desta localidade valdeorresa. Comezaba ás seis da tarde de desenvolvíase practicamente de forma simultánea á carreira da V Medio Maratón de Petín, cuxo percorrido compartía nuns 14 km co circuíto.

Os primeiros camiñantes en completar o percorrido chegaban á praza de Petín en torno as oito menos cuarto da tarde. A súa chegada viña a coincidir tamén coa dos primeiros atletas do medio maratón.

Ambas probas foron organizadas polo Concello en colaboración coa Delegación Valdeorresa da FGA e coa Asociación Fonte Grande.

Fotos: Carlos G. Hervella
Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button