ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A andaina “Sempre libre e sempre viva!” abría os actos do 25N en Trives

Despois na praza do Pilón dábase lectura a un manifesto e, tras uns minutos de silencio, actuaba o Orfeón Trivés

Camiñando comezaba o programa de actos para celebrar en Trives o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller (25N). A partires das once da mañá saía dende a praza do Concello a andaina “Sempre libre e sempre viva!” contra a violencia de xénero, promovida polo Centro de Información ás Mulleres (CIM), do Concello da Pobra de Trives.

Iniciábase así un percorrido por paisaxes e bosques outonais da Pobra de Trives, no de curso do cal podían verse diversos carteis con alusións á celebración do 25N. Despois da camiñada, ás 12:30h., dábase lectura na praza do Pilón a un manifesto. E, tras gardar un minutos de silencio, o Orfeón Trivés interpretaba “El peso del alma”. A este acto sumábase a veciñanza de Trives, manifestando a súa repulsa contra as violencias “porque isto nos compete a toda a sociedade”.

Fotos: Concello da Pobra de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button