ConcellosTrivesÚltima hora

A Andaina Solidaria por Ucraína celebrada en Trives reúne a case 80 persoas

 

Preto de 80 persoas participaban na Andaina solidaria por Ucraína, que se celebraba onte en Trives. Dende o Concello consideran que esta resposta foi “un éxito de participación e solidaridade coas persoas refuxiadas”.

O traxecto finalizaba cun xantar de confraternización no que se desfrutaba de comida tradicional galega, entre a que non faltou a bica trivesa e pratos propios de Ucraína, elaborados polas refuxiadas que viven nesta zona.

Ademais o grupo Os Trintas animaba o ambiente coa música tradicional. O programa finalizaba dun taller de pintura para os mais pequenos. Esta actividade solidaria foi organizada entre a Universidade de Vigo, Proxecto Rosalía, SOS Ternopil, Xeitura e o Concello de Trives.

Dende esta última institución amosábase o seu agradecemento a todos os participantes e matizábase que “a recaudación da participación vai integramente destinada ás persoas refuxiadas”.

Artigos relacionados

Back to top button