CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

A ANPA Aturuxo leva aos Reis Magos ao CEIP Plurilingüe Julio Gurriarán do Barco

Melchor, Gaspar e Baltasar escoitaron as peticións dos cativos e repartiron lambetadas

 

Despois dos festivais e da visita de Papá Noel, que pasou por todas as clase de Infantil e 1º de Primaria para achegar toda a ilusión do Nadal aos nenos e nenas e algúns pequenos agasallos, na xornada do 20 de decembro tocáballe o turno ao Reis Magos.

Tamén da man da ANPA Aturuxo, as SS.MM. de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar acercáronse ata o CEIP Plurilingüe Julio Gurriarán do Barco de Valdeorras, para escoitar de preto as peticións dos alumnos e tamén repartir ricos e doces agasallos para todos.

Ese mesmo día, antes de coller as vacacións de Nadal, tamén se realizou o sorteo dunha Tablet entre os estudantes por participar na decoración do colexio.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button