EconomíaEconomíaEn portadaÚltima hora

A ANPA IES Martaguisela organiza o I Concurso de Memes de Valdeorras

Con esta iniciativa, que se desenvolverá do 8 ao 21 de marzo, pretenden fomentar a creatividade dos seus alumnos e apoiar ao comercio local

 

Entrada do IES Martaguisela. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Co obxectivo de fomentar a creatividade dos alumnos poñendo en valor a vila do Barco e a comarca e, ao mesmo tempo, apoiar ao pequeno comercio local, nace o I Concurso de Memes de Valdeorras. Organizado pola ANPA IES Martaguisela terá como temática os costumes, tradicións, festas, etc da zona e desenvolverase do 8 ao 21 de marzo.

Con respecto aos premios, establécense tres categorías segundo as idades dos alumnos do instituto: 1º e 2º de ESO; 3º e 4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato. Todos os participantes serán agasallados pola súa participación, e tanto os gañadores coma os finalistas recibirán premios que aportan os establecementos comerciais e de hostalaría, a Asociación Empresarial de Valdeorras e a ANPA.

Dende a organización aseguran que “nestes momentos complicados para todos parécenos fundamental seguir activos, alentando a imaxinación e a participación dos alumnos, mellorando a nosa comarca, e apoiando ó comercio de proximidade”.

A iniciativa conta coa colaboación do propio instituto barquense, do Concello do Barco de Valdeorras, de AEVA, do CCA O Barco e de 39 establecementos que doaron voluntariamente agasallos para todos os participantes.

 

Artigos relacionados

Back to top button