CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

A ANPA do IES Martaguisela pon en marcha o II Concurso de Memes de Valdeorras

Esta edición estará adicada a Florencio Delgado Gurriarán, poeta homenaxeado no Día das Letras Galegas 2022

Entrega de agasallos na I edición do concurso de memes do IES Martaguisela./ Foto cedida.

 

Co obxectivo de fomentar a creatividade, poñendo en valor a cultura de Valdeorras e apoiando ao comercio local, a ANPA do IES Martaguisela do Barco de Valdeorras, convoca o II Concurso de Memes para os rapaces e rapazas do centro.

Para este edición, que estará adicada á figura de Florencio Delgado Gurriarán, homenaxeado no Día das Letras Galegas 2022, establécense 3 categorías según as idades: 1º e 2º da ESO; 3º e 4º da ESO, 1º e 2º de Bacharelato. Todos os participantes serán agasallads pola súa participación, e tanto os gañadores como os finalistas recibirán premios que aportan “de xeito voluntario” os establecementos comerciais e de hostalaría, AEVA, CCA e a ANPA.

 

 

Dende a organización aseguran que é fundamental “alentar a imaxinación e a participación dos alumnos nestes momentos tan complicados”, animando e apoiando ao comercio de proximidade, e esperando que este ano sexa de novo tan emocionante como o anterior.

Ademais dos socios da ANPA, da Asociación Empresarial de Valdeorras e do Centro Comercial Aberto O Barco, no concurso tamén colabora o  Concello de O Barco de Valdeorras.

 

Artigos relacionados

Back to top button