En portadaÚltima hora

A apertura da piscina climatizada do Barco, prevista para o 14 de febreiro

Exterior da piscina climatizada do Barco./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Entre os asuntos que se abordaban na sesión plenaria que celebraba esta tarde a Corporación barquense estaba a da reapertura da piscina climatizada, pechada dende o 2018. Foi a portavoz municipal do PP, Sabina Aguado, quen plantexaba en primeiro lugar o tema, asegurando que o grupo de goberno socialista “non ten ningunha vontade de abrir a piscina e xa empeñou a súa palabra”.

En resposta a isto, o alcalde do Barco, Alfredo García, sinalaba que “non hai ningunha intención por parte deste grupo de gobero de non abrir a piscina”, aludindo ás dificultades para poder contratar persoal, “foi imposible facelo porque non había, sobre todo, socorristas, e, por outra banda, a unha persoa para que leve mantemento”.

O rexedor barquense explicaba tamén que isto está solventado, e que a primeiros da semana que vén está previsto que Sanidade proceda á revisión destas intalacións para poder permitir a súa reapertura, “de cara á fin de semana teremos a xornada de portas abertas para dar a coñecer os servizos e as instalacións e xa o 14 de febreiro será a súa apertura”.

Artigos relacionados

Back to top button