ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A árbitra de 1ª división feminina Elena Casal visita o campus de fútbol da Rúa

A colexiada estivo acompañada polo asistente de 2ª B Cristian Vázquez

Seguir o noso propio criterio e non deixarnos influír polos demais é un consello que podemos aplicar a calquera ámbito da vida, incluído o mundo da arbitraxe. Así llo aseguraba aos rapaces Elena Casal, árbitra de primeira división feminina, na súa visita ao campus de fútbol da Rúa que arrancaba onte no campo o Novo Aguillón.

Hoxe, segundo día de campamento, antes das once da mañá a colexiada do comité de Vigo chegaba á Rúa acompañada por Cristian Vázquez, asistente de segunda B, para pasar a xornada cos futuros xogadores. Ámbolos dous deportistas compartiron cos cativos algunhas das súas experiencias no mundo da arbitraxe, respondendo ás dúbidas dos nenos, dende o aspecto máis xeral da figura do árbitro no campo de fúbtol ata anécdotas máis particulares. E despois da teoría chegaba a práctica, dando a oportunidade aos cativos de vivir nas súas propias carnes algunhas das situacións que vive un colexiado, así como as decisións que deben tomar en décimas de segundo, cos seus acertos e tamén fallos.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button