CulturaCulturaÚltima hora

A arca de Noé de Sarabela chega ao Barco

O Teatro Lauro Olmo acollerá este venres 8 de febreiro o espectáculo “Proxecto Noé” ás 20h.
Unha das escenas desta obra de Sarabela Teatro./ Foto cedida.

Chega o diluvio universal e tres pingüíns atópanse con que só hai dous boletos para poder entrar a arca de Noé. Deste xeito comeza a trama do “Proxecto Noé”, unha peza para público infantil e familiar de Sarabela Teatro que se porá en escena este venres 8 de febreiro no Teatro Lauro Olmo do Barco ás 20h.

O espectáculo, no que non falta o humor, está dirixido por Fina Calleja e interpretado por Fernando Dacosta, Sabela Gago e Elena Seijo. “Trátase dunha historia narrada cunha linguaxe sinxela e contundente na que se tocan cuestións como o valor da amizade e da conservación do planeta, que é coma unha gran arca que todos debemos de coidar; da convivencia, respectándose os uns aos outros e vivindo en paz; ou do pensamento crítico”, tal e como adiantan dende esta compañía ourensá.

Esta representación forma parte da programación da Rede de Auditorios Provincial de Ourense.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button