CulturaCulturaÚltima hora

A arca do “Proxecto Noé” de Sarabela Teatro recala en Trives

A cita será o vindeiro venres 28 de decembro ás 19h. no Auditorio Julio Vázquez da vila

 

Tres pingüíns, o diluvio universal e dous único boletos para a arca de Noé. Son algunhas das pezas da historia que plantexa o “Proxecto Noé”, a última montanxe para público infantil da compañía ourensá Sarabela Teatro. Este espectáculo presentarase en Trives o vindeiro 28 de decembro ás 19h. no Auditorio Julio Vázquez.

A peza está narrada cunha linguaxe sinxela e contundente e achega as “divertidas aventuras de 3 pingüíns que sobreviven na soidade dun iceberg desde que se desprenderon do continente, loitando contra o aburrimento e contra o mal carácter do máis pequeno deles…. se queredes coñecer como remata esta aventura agardamos que veñades a vivila con nós”, comentan dende o Concello da Pobra de Trives.

A obra engarza o humor, co interese cultural e cos valores nunha proposta de teatro familiar. “Vén de estrearse fai un mes e nela están os valores da amizade, de aprender a quererse, a ser máis amigos; da conservación do planeta, que é coma unha gran arca que todos debemos de coidar; da convivencia, respectándose os uns aos outros e vivindo en paz; ou do pensamento crítico, quedan perfectamente reflectidos en toda a obra”, destacan dende o Concello.

Está dirixida por Fina Calleja e conta cun elenco de actores formado por Fernando Dacosta, Sabela Gago e Elena Seijo. As entradas para asistir a este espectáculo estarán á venta no Auditorio media hora antes de que dea comezo a función. Teñen un prezo de 3 euros.

 

Artigos relacionados

Back to top button