SanidadeÚltima hora

A área de Ourense coordina os seus recursos para reducir o impacto do coronavirus nas residencias de maiores

Vén de constituírse un Equipo de Seguimento Compartido Hospitalario (ESCAH) que levará a cabo o seguimento da actuación clínica

Exterior do Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos Asensio.

 

O persoal sanitario de Atención Primaria constituirá “un dos recursos claves para garantir a boa coordinación da atención aos residentes e usuarios dos centros sociosanitarios e da terceira idade, en coordinación directa co Equipo de Seguimento Compartido Hospitalario (ESCAH) da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras e o persoal médico ou responsables asistenciais do centros”, tal e como se asegura dende o Sergas en Ourense.

A Dirección da Área Sanitaria traballa “na organización de circuítos e en mellorar a coordinación dos recursos para reducir o impacto da pandemia xerada polo virus SARS-COV2 e o contaxio da enfermidade que este xera, a COVID-19, na poboación institucionalizada, especialmente vulnerable ante a infección dada á presencia habitual de patoloxías de base, idade avanzada e permanencia en contornas pechadas con poboación igualmente vulnerable, asi como na protección do persoal asistencial destes centros para garantir o mantemento do seu coidado”, indica o Sergas.

Dacordo cos plans de continxencias establecidos, o persoal sanitario de atención primaria, ou no seu caso da residencia, debe establecer se un residente presenta un cadro clínico de infección respiratoria aguda, compatible coa sintomatoloxía de COVID-10, que neste caso, deberá separarse doutros/as residentes, seguindo as actuacións publicadas pola Dirección Xeral de Saúde Pública (https://coronavirus.sergas.es) organizando a recollida dunha mostra para confirmar se tratase dun caso positivo.

Se o resultado fose positivo ou non concluínte, realizarase o seguimento do caso e contactos, por parte do persoal de Saúde pública, derivándose o seguimento por parte da (ESCAH) a illamento na residencia ou centro, de xeito similar aos controis a domicilio dos positivos illados na casa, e avaliando o seu posible traslado ao hospital de referencia en caso de empeoramento.

Supervisión Xeral e coordinación previa

Ao longo dos pasado días, traballouse na supervisión xeral de todas as residencias tanto públicas, como concertadas ou privadas, “instándose aos directores asistenciais das mesmas a avaliar o estado de saúde de todas as persoas da residencia, cando foi posible, a través do seu propio persoal sanitario, ou implicando ao persoal de atención primaria dos seus centros de saúde de referencia, persoal ao que a Dirección da Área desexa agradecer especialmente o gran esforzo que están a realizar estes días, asumindo un papel capital na atención aos pacientes mais vulnerables, para garantir seu dereito a unha asistencia humana e de calidade”, segundo Sanidade.

Con estas medidas á area segue as indicación do ministerio de sanidade, na orde de 19 de marzo, onde aconsella a adopción de medidas na liña de protexer aos usuarios de residencias sociasanitarias pola súa condición de vulnerabilidade fronte a infección.

Vías de contaxio

Do mesmo xeito que outros da familia dos coronavirus, este novo virus causa diversas manifestacións clínicas, que inclúen cadros respiratorios que varían desde o arrefriado común, ata cadros de pneumonía grave con síndrome de distrés respiratorio, shock séptico e fallo multiorgánico.

Esta gravidade dunha parte dos casos aconsella a toma de medidas excepcionais como as que estamos a vivir nesta etapa de emercencias sanitaria. Non sí, hai que lembrar que ao redor do 80% dos casos de COVID-19, notificados ata o momento, son cadros leves, pese a elo, tratarse dunha enfermidade transmisible débense extremar as medidas de precaución.

Coa información dispoñible ata o momento, o mecanismo principal de transmisión é por gotas respiratorias maiores de 5 micras, que non permanecen suspendidas no aire (se depositan a menos de 1 ou 2 metros) e por contacto directo das mucosas con secrecións, ou con material contaminado por estas, que poden transportarse en mans ou obxectos (similar á gripe). Ademais, é probable unha transmisión por superficies infectadas polo que se aconsella unha limpeza frecuente das superficies con moito contacto.

Artigos relacionados

Back to top button