ConcellosManzanedaSan Xoán de RíoTrivesÚltima hora

A Área do PAC de Trives baixa a 53 casos activos de Covid, 25 menos que o pasado venres

Entrada ao Centro de Saúde de Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Mantense claramente un descenso no número de casos activos por Covid na Área do PAC de Trives, que inclúe os concellos da Pobra de Trives, San Xoán de Río e Manzaneda. Así, neste luns contabilízanse nela un total de 53 contaxios activos (datos actualizados pola Consellería de Sanidade ás 18h. de onte), o que supón 25 menos que o pasado venres, cando se facían públicos os anteriores datos.

Por concellos, Manzaneda ten 12 casos activos (6 menos que o venres), San Xoán de Río sitúase en 4 (1 menos que o pasado venres); mentres que Trives baixa a 37 positivos, 18 menos que onte.

Artigos relacionados

Back to top button