Mantense a tendencia á alza nos casos activos de Covid na Área do PAC de Trives (concellos de Trives, San Xoán de Río e Manzaneda). Así, segundo os últimos datos comunicados polo Sergas (actualizados ás 18h. de onte), neste 3 de decembro son un total de 22 os positivos desta área: 7 en Manzaneda (os mesmos que vén contabilizando dende o 29 de novembro), 13 en Trives (4 máis que onte) e 2 en San Xoán de Río (1 máis que onte).