ConcellosManzanedaSan Xoán de RíoTrivesÚltima hora

A Área do PAC de Trives rexistra 30 casos activos por Covid, 5 máis que o pasado venres

Entrada ao Centro de Saúde de Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Tendencia á alza, pero moi suave, nos casos activos por Covid na Área do PAC de Trives, que inclúe aos concellos da Pobra de Trives, San Xoán de Río e Manzaneda. Neste luns 3 de xaneiro rexistra un total de 30 contaxios activos (datos actualizados pola Consellería de Sanidade ás 18h. de onte), o que supón 5 positivos máis que o pasado venres, cando se publicaba a anterior actualización.

Así Manzaneda ten 3 positivos (1 máis que o pasado venres) e mantense como o concello do PAC con menor número de casos activos. Pola súa banda, Trives suma 22 positivos, o que supón 4 máis que o pasado venres; e San Xoán de Río continúa con 5 positivos, a mesma cifra que o pasado venres.

Artigos relacionados

Back to top button