Lixeiro descenso nos casos activos de Covid na Área do PAC de Trives, que inclúe os concellos da Pobra de Trives, San Xoán de Río e Manzaneda. Así, neste venres contabilízanse nela un total de 45 contaxios activos (datos actualizados pola Consellería de Sanidade ás 18h. de onte), o que supón 1 menos que onte.
Por concellos, Manzaneda ten 7 casos activos (3 menos que onte), San Xoán de Río continúa con 1 (a mesma cifra que onte); mentres que Trives experimenta unha leve suba con 37 positivos, 2 máis que onte.