ConcellosManzanedaSan Xoán de RíoTrivesÚltima hora

A Área do PAC de Trives rexistra 46 casos activos de Covid, 6 máis que o pasado venres

Publicidade
Exterior do Centro de Saúde de Trives.

 

Tendencia á alza tamén nos casos activos de Covid na Área do PAC de Trives, que inclúe aos concellos da Pobra de Trives, Manzaneda e San Xoán de Río. Neste martes 26 de abril rexistra un total de 46 positivos (datos da Consellería de Sanidade actualizados ás 18h. de onte), o que supón 6 máis que o pasado venres.

Por concellos, A Pobra de Trives suma 30 positivos (4 máis que o pasado venres), Manzaneda 14 (1 máis que o pasado venres) e San Xoán de Río 2 positivos (1 máis que o venres).

Artigos relacionados

Back to top button