Lixeiro descenso tamén no número de casos activos por Covid na Área do PAC de Trives, que inclúe os concellos da Pobra de Trives, San Xoán de Río e Manzaneda. Así, neste mércores 19 de xaneiro contabilízanse nela un total de 80 contaxios activos (datos actualizados pola Consellería de Sanidade ás 18h. de onte), o que supón 4 menos que onte.
Por concellos, Manzaneda ten 17 casos activos (1 máis que onte), en cambio Trives baixa a 57 positivos, o que supón 4 menos que onte; e San Xoán de Río sitúase en 6 positivos, 1 menos que onte.