ConcellosManzanedaSan Xoán de RíoTrives

A Área do PAC de Trives rexistra 85 casos activos por Covid

Entrada ao Centro de Saúde de Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Lixeiro aumento no número de casos activos por Covid na Área do PAC de Trives, que inclúe aos concellos da Pobra de Trives, San Xoán de Río e Manzaneda. Así, neste luns 17 de xaneiro suma un total de 85 contaxios activos (datos actualizados pola Consellería de Sanidade ás 18h. de onte), o que supón 2 máis que o pasado venres, cando se facían públicos os anteriores datos.

Por concellos, Manzaneda sobe a 16 casos activos (7 máis que o venres), en cambio Trives baixa a 62 positivos, o que supón 3 menos que o venres; e San Xoán de Río quédase en 7 positivos, 2 menos que o venres.

Artigos relacionados

Back to top button