Publicidade
SanidadeÚltima hora

A área do PAC de Trives rexistra un único caso activo de Covid-19

Manzaneda e San Xoán de Río están libres de virus, mentres Trives contabiliza un só positivo

Publicidade
Exterior do Centro de Saúde de Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Tras rexistrar dúas altas neste venres 29 de maio, o municipio de San Xoán de Río queda libre de coronavirus, tal e como confirma o seu alcalde, Xosé Miguel Pérez. Este concello chegou a rexistrar 10 casos, en oito dos cales as persoas foron dadas de alta, mentres que os dous pacientes restantes resultaban falecidos.

Así, segundo a última actualización de datos ofrecida polos concellos, na área sanitaria do PAC de Trives tan só se mantén nestes momentos un único caso activo, en A Pobra de Trives. O municipio trivés rexistraba un total de 11 altas por Covid-19 ao longo da emerxencia sanitaria.

O único concello da área do PAC de Trives que mantiña libre de coronavirus nestes meses é Manzaneda. Ademais cabe destacar que ningunha das residencias de maiores destes tres concellos rexistrou casos de Covid-19.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close