Nova xornada de descenso, aínda que leve, nos casos activos de Covid na Área do PAC de Trives, que inclúe os concellos da Pobra de Trives, San Xoán de Río e Manzaneda. Así, neste luns contabilízanse nela un total de 42 contaxios activos (datos actualizados pola Consellería de Sanidade ás 18h. de onte), o que supón 3 menos que o pasado venres.
Por concellos, Manzaneda ten 5 casos activos (2 menos que o pasado venres), San Xoán de Río continúa con 1 (a mesma cifra dende o 26 de xaneiro); mentres que Trives baixa a 36 positivos (1 menos que o pasado venres).