ConcellosManzanedaTrivesÚltima hora

A área do PAC de Trives suma 17 positivos por Covid

Trives ten 13 casos activos e Manzaneda 4, sendo Río o único municipio que segue libre de virus

Entrada ao Centro de Saúde de Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Novo incremento no número de casos activos de Covid na área do PAC de Trives. Segundo os datos comunicados aos concellos polo Sergas nesta xornada de 26 de xullo, son 17 os positivos, o que supón 2 máis que os comunicados onte.

Trives rexistra 13 positivos, 2 máis que onte, e Manzaneda 4 (os mesmos que onte, pero un máis que o sábado). San Xoán de Río é o único concello do PAC que se mantén libre de virus. Esta información non inclúe a persoas que non teñan o médico neste PAC nin á estación de montaña.

“Insistimos na prevención, na adopción de medidas preventivas. O virus segue entre nós é só o erradicamos cando todos mantemos a máxima das prudencias. É posible que nos vindeiros días se incremente o número de afectados, estanse a realizar as probas aos contactos e nada é descartável”, destacan dende o Concello da Pobra de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button