Lixeiro descenso nos casos activos de Covid na Área do PAC de Trives, que inclúe os concellos da Pobra de Trives, San Xoán de Río e Manzaneda. Así, neste luns contabilízanse nela un total de 41 contaxios activos (datos actualizados pola Consellería de Sanidade ás 18h. de onte), o que supón 1 menos que onte.
Por concellos, Manzaneda ten 7 casos activos (2 máis que onte), San Xoán de Río tamén experimenta unha leve repunta ao rexistrar 1 novo positivo e sumar 2, logo de varios días de estabilidade. Por contra, Trives baixa e rexistra 32 positivos, 4 menos que onte.