ConcellosManzanedaSan Xoán de RíoTrivesÚltima hora

A Área do PAC de Trives ten 45 positivos por Covid, 10 máis que o venres

Entrada ao Centro de Saúde de Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Incremento tamén no total de casos activos por Covid na Área do PAC de Trives, que inclúe aos concellos da Pobra de Trives, San Xoán de Río e Manzaneda. Neste luns 10 de xaneiro rexistra un total de 45 contaxios activos (datos actualizados pola Consellería de Sanidade ás 18h. de onte), o que supón 10 máis que o pasado venres.

Así Manzaneda mantense con 2 positivos (os mesmos que o venres) sendo o concello do PAC con menor número de casos activos. Pola súa banda, Trives sobe a 34 positivos, o que supón 8 máis que o pasado venres; e San Xoán de Río sobe a 9 positivos, 2 máis que o venres.

Artigos relacionados

Back to top button