A RúaConcellosÚltima hora

A área recreativa do Aguillón (A Rúa) prepárase para o verán

O paseo xa está rematado e tamén está instalado o observatorio de aves

 

Ás portas do verán o Concello da Rúa pon a punto a zona de recreo e esparexemento por excelencia da vila. Aínda faltan pequenos remates, pero as obras de mellora ambiental da área recreativa e paseo do Aguillón están practicamente rematadas.

Subvencionado polo GDR o proxecto conta con varias actuacións, distribuídas en tres apartados: a zona da “Chopera”, o paseo do Aguillón e a Aula da Natureza.

 

O reformado paseo do Aguillón.

 

A actuación máis necesaria, debido ao mal estado no que se atopaba, afecta ao paseo fluvial deportivo ao redor do encoro de San Martiño que amosa xa un novo aspecto tras ser acondicionado mediante pavimento continuo e antiescorregadizo a base de resinas de poliuretano con protección resistente ao raios ultravioletas.

Ao final do paseo, xa na zona arbórea, construíuse un observatorio de aves. Trátase dunha caseta de madeira de observación da fauna do entorno, especialmente da diferentes especies de aves que paran no encoro, que se completará coa identificación das distintas especies arbóreas da zona coñecida co “Arboretum” mediante carteis explicativos. O proxecto inclúe tamén a repoboación da zona de uso intensivo na que se sitúan os merendeiros, grella e camiños peonís transitados, co obxectivo de “crear zonas con sombra que permitan o desenvolvemento de actividades propias deste uso de maneira agradable e confortable”.

 

O observatorio de aves do Aguillón.

 

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button