SanidadeÚltima hora

A área sanitaria de Ourense suma 95 casos de coronavirus, sendo 885 os de Galicia

Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A última actualización de datos que vén de facer pública neste mediodía a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade amosa que a cifra de casos de coronavirus en Galicia ascende a 885. Deles 226 son da área da Coruña, 58 da de Lugo, 95 da de Ourense, o que significa 21 máis que onte  (por agora non se facilitaron datos por hospitais); 136 da de Pontevedra, 212 da área de Vigo, 130 da de Santiago, e 28 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 33 permanecen en UCI, 227 están en unidades de hospitalización e 625 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 16 altas de pacientes e 14 falecementos. Os dous últimos falecidos foron un varón de 81 anos que estaba ingresado no CHUAC e unha muller de 77 anos ingresada no Hospital Juan Cardona de Ferrol. Os dous tiñan patoloxías previas. O número de PCR realizadas é de 5.052.

Uso do 061 unicamente para casos graves e emerxencias

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web coronavirus.sergas.gal, na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116, que vén de ser reforzado con máis persoal, para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número, pódense resolver todas as dúbidas dos cidadáns ao respecto e tamén consultar

 

Artigos relacionados

Back to top button