SanidadeÚltima hora

A área sanitaria de Ourense ten 201 ingresos por coronavirus, deles 15 no Hospital de Valdeorras

O total de casos activos na provincia ascende, segundo a última actualización de Sanidade, a 992

O Hospital Público de Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Ascenden a 992 os casos activos por coronavirus na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras. Deles, un total de 791 permanecen a seguemento a domicilio, 181 están ingresados en planta e 20 en UCI, segundo a última actualización de datos da Consellería de Sanidade.

No caso do Hospital Universitario de Ourense hai 154 pacientes ingresados en planta e 19 en UCI. Ademais no Hospital de Valdeorras hai 15 paciente ingresados en planta con COVID-19 e 9 no Hospital de Verín.

Nos referente aos hospitais privados, hai un paciente en planta no Centro Médico El Carmen, 2 en planta no CO.SA.GA e 1 en UCI.

Os 20 pacientes ingresados en UCI na provincia presentan “prognótico grave”, segundo o Sergas.

O total de casos rexistrados na área sanitaria ourensá ascende a 1.111, con 83 altas e 36 falecementos (7 deles no Hospital de Valdeorras).

Os datos do Sergas non inclúen dende o 1 de abril os pacientes con coronavirus en residencias da terceira idade, nin os dous seus traballadores.

Un total de 6.151 casos en Galicia, dos que 5.342 están activos

O número de casos activos de coronavirus en Galicia, tal e como recolle a última actualización da Consellería, ascende a 5.342. Deles 1.071 son da área da Coruña, 563 da de Lugo, 992 da de Ourense, 457 da de Pontevedra, 1.081 da área de Vigo, 871 da de Santiago, e 307 da de Ferrol.

Do conxunto de pacientes positivos, 168 permanecen en UCI, 939 están en unidades de hospitalización e 4.235 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 610 altas de pacientes e 199 falecementos, co que o número total de casos sobe a 6.151, tendo en conta que dende o 1 abril nesta estatística de Sanidade non se contabilizan os casos en residencias.

O número de PCR realizadas é de 30.002.

Máis información:
https://osil.info/as-residencias-ourensas-rexistran-311-casos-activos-de-covid-19-entre-residentes-e-traballadores/

Artigos relacionados

Back to top button