SanidadeÚltima hora

A Área Sanitaria ourensá celebrará mañá o Día Mundial de Hixiene de Mans

Entrada principal ao Hospital Público de Valdeorras, no Barco.

 

Mañá mércores, día 5 de maio, dende a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco conmemorarase o Día Mundial de Hixiene de Mans. “A nosa Área Sanitaria sumarase un ano mais a Organización Mundial da Saúde nesta data que lembra a importancia para a saúde desde sinxelo xesto, que a pandemia ten convertido xa nalgo cotiá. Nesta ocasión uniremonos ao reto mundial proposto pola OMS (#SafeHandS challenge) para amosar e promover a correcta hixiene de mans, poñendoa en valor e axudando a realizala axeitadamente, tanto con auga e xabón como con xel hidroalcólico”, tal e como adiantan dende o Sergas.

Así, entre as actuacións previstas, no Hospital Público de Valdeorras, coincidindo coa convocatoria de vacinación, a enfermeira do Servizo de Medicina Preventiva, xunto con alumnos e alumnas (Enfermería e Técnico Superior en Imaxe para o Diagnóstico) animarán e orientarán aos que acudan a vacinarse sobre a técnica axeitada (entre as 9.30 e as 14.00 h.).

Por outra banda, no Hospital Universitario de Ourense a enfermería da Unidade de Calidade realizará un obradoiro entre os nenos e nenas.

Artigos relacionados

Back to top button