SanidadeÚltima hora

A área sanitaria ourensá contrata aos seus 40 residentes de último ano para que sigan traballando nesta emerxencia sanitaria

É persoal médico das diferentes especialidades hospitalarias e de atención primaria, especialista de enfermería, de farmacia hospitalaria, psicoloxía e analises clínicos

Entrada ao Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Os corenta residentes da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, que tiñan previsto rematar o vindeiro mes de maio a súa formación como especialistas, forman parte xa do cadro de persoal dos distintos centros, tras prolongarse a súa contratación xa como especialistas, dacordo coa Orde da Consellería de Sanidade, para contribuir á resposta asistencial fronte a pandemia.

“Pese a ser voluntario, todos responderon positivamente á proposta de continuar traballando na Área Sanitaria de Ourense, unha vez recibido o informe favorable provisional da comisión de docencia, polo se lles prolongou a contratación, no caso de Galicia xa cunha retribución como especialistas, ou axuntos. Asemade computaráselles con este criterio os servizos prestados neste período, de cara a futuras ofertas públicas de emprego (OPE) ou outros procesos selectivos”, informan dende o Sergas.

Este 40 novos especialistas manteranse nos seus respectivos servizos, ou pasarán a reforzar as áreas que se consideren mais críticas pola necesidade de persoal. A maior parte deles son persoal médico das distintas especialidades: 11 de medicina familar e comunitaria, 2 de pediatría e áreas específicas, 3 de anestesia e reanimación, 2 de psiquiatría, e tamén de de enfermería: 2 de familiar e comunitaria, 2 de enfermería de saúde mental, 2 de enfermería obstétrico xinecolóxica.

O resto de especialidades, un en cada unha delas, pertencen a Medicina Intensiva, Medicina Interna, Medicina Preventiva e Saúde Pública, Pneumoloxía, Radiodiagnóstico, Análises Clínicos, Farmacia Hospitalaria, Aparello Dixestivo, Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo, Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía, Hematoloxía e Hematoterapia, Nefroloxía, Obstetricia e Xinecoloxía, Oftalmoloxía, Oncoloxía Médica, e Otorrinolaringoloxía.

Desde a Dirección da Área Sanitaria de Ourense deséxase facer público o seu agradecemento “ao masivo seguemento da oferta, por parte dos residentes do último ano, así como o compromiso e esforzo de tódolos residentes en formación, que continúan a prestar un servizo imprescindible nestes días, con dedicación e espírito solidario”.

Artigos relacionados

Back to top button